Detalles do curso:
Ley de dependencia, 37 horas.
Obxectivos:
Os obxectivos desta acción formativa están relacionados cos obxectivos do resto de accións formativas así como cos do plano de formación que presentamos. Están estruturados en función dos coñecementos, capacidades, xeitos,....que se pretenden conseguir co desenvolvemento desta acción formativa e divídense en obxectivos xerais e específicos.
Obxectivos xerais:
- Favorecer o mantemento e mellora de competencias profesionais dos colectivos con maiores necesidades de formación (especialmente os maiores de 45 anos, mulleres, traballadores das pemes, traballadores desfavorecidos, e os traballadores non cualificados calquera que sexa a empresa onde presten os seus servizos, garantindo a readaptación aos seus postos de traballo con esta formación específica.
- Dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre a Lei de Dependencia que está pendente de aprobación, de maneira que podan adiantarse e adaptarse aos trocos profesionais, organizativos e lexislativos que esixe a futura lei.
- Concienciar aos traballadores do sector por un uso prudente e racional dos recursos naturais, modificando os seus hábitos de comportamento laboral favorecendo así o desenvolvemento sostible.
- Fomentar a igualdade no traballo así como na vida cotiá evitando os mecanismos de exclusión social, as políticas de atención á diversidade para evitar desigualdades e as accións dirixidas a garantir unha escolaridade integradora.
Obxectivos específicos
- Analizar os factores demográficos, médicos e sociais que levaron á necesidade de formularse unha lei con estas características.
- Facilitar información sobre a Lei de Dependencia que responde ás necesidades sociais de determinados colectivos con distintos graos de dependencia.
- Dar a coñecer os dereitos e obrigas das persoas en situación de autodependencia.
- Estudiar os distintos capítulos e disposicións sobre os que se asenta a Lei de Dependencia.
- Mellorar a comprensión da problemática ambiental.
- Desenvolver actitudes e comportamentos no traballo adecuados á mellora e conservación do medio ambiente.
- Concienciar ao alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade no traballo como forma organizativa e real de traballo.
- Concienciar ao alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade real na vida cotiá do alumno.
Contidos:
- Módulo 0: Igualdade de oportunidades (5 horas).
- Módulo 1: Evolución histórica dos modelos familiares e sociais.problemas emerxentes das familias con persoas dependentes ao seu cargo (5 horas).
- Módulo 2: Colectivos aos que vai dirixida e as súas características (5 horas).
- Módulo 3: A independencia e autonomía para as persoas con discapacidade a súa contorna próxima (5 horas).
- Módulo 4: Entorno social e político no que se desenvolve este anteproxecto (5 horas).
- Módulo 5: Lei 39/2006, do 14 de Decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (5 horas).
- Módulo 6: Desenvolvemento normativo da Lei 39/2006, do 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e implantación do sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD) (5 horas).
- Módulo 7: Sensibilización medioambiental (2 horas).
Requisitos dos alumnos:
Estar en activo
Datas de realización:
Finalizado - Finalizado
Prazo de inscrición:
A Determinar
Criterios de selección:
Relación con el puesto de trabajo.
No haber realizado acciones formativas en esta convocatoria.
Orden de entrada de solicitud.