dfs
forogalego
  

info@forogalego.comInformación de contacto
 
07-Sep-2010  02:07

Detalles do curso:

Animación estimulativa, 50 horas.

Obxectivos:

Os obxectivos desta acción formativa están relacionados cos obxectivos do resto de accións formativas así como cos do plano de formación que presentamos. Están estruturados en función dos coñecementos, capacidades, xeitos,....que se pretenden conseguir co desenvolvemento desta acción formativa e divídense en obxectivos xerais e específicos.

Obxectivos xerais:

  • Favorecer o mantemento e mellora de competencias profesionais dos colectivos con maiores necesidades de formación (especialmente os maiores de 45 anos, mulleres, traballadores das pemes, traballadores desfavorecidos, e os traballadores non cualificados calquera que sexa a empresa onde presten os seus servizos, garantindo a readaptación aos seus postos de traballo con esta formación específica.
  • Definir as funcións do animador de xente maior coa finalidade de delimitar o seu campo de actuación.
  • Fomentar a igualdade no traballo así como na vida cotiá evitando os mecanismos de exclusión social, as políticas de atención á diversidade para evitar desigualdades e as accións dirixidas a garantir unha escolaridade integradora.

 

Obxectivos específicos:

  • Formar ao alumno naquelas técnicas e recursos de programación, organización e realización de actividades lúdicas, educativas e rehabilitadoras dirixidas aos anciáns.
  • Abrir unha nova vía de formación que responda á incorporación dunha vertente participativa, estimulativa e lúdica na labor asistencial á xente maior.
  • Concienciar ao alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade no traballo como forma organizativa e real de traballo.
  • Concienciar ao alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade real na vida cotiá do alumno.

Contidos:

  • Módulo 0: Igualdade de oportunidades (5 horas).
  • Módulo 1: Introducción. Conceptos básicos sobre animación estimulativa (6 horas).
  • Módulo 2: Sistema de servizos sociais.traballo interdisciplinario (4 horas).
  • Módulo 3: A rehabilitación conceptos (5 horas).
    1. Rehabilitación e readaptación como procesos de readquisición das capacidades.
    2. Aportacións da fisioterapia, a ergoterapia e a logopedia
  • Módulo 4: Tipoloxías de discapacidades: persoas maiores, persoas con discapacidades, persoas con trastornos mentais (10 horas).
    1. Análise de instrumentos de observación e valoración
    2. Riscos característicos de cada colectivo
    3. Xeitos significativos no aprendizaxe, na rehabilitación, na prevención e mantemento e nas actividades sociais
    4. Animación estimulativa e modelos de intervención.
  • Módulo 5: Estimulación da memoria (8 horas).
    1. A memoria como proceso psicolóxico
    2. Patoloxías da memoria
    3. Estimulación da memoria (remota-reminiscencia-grupos de conversación -exercicios mnemotécnicos- a historia de vida)
  • Módulo 6: Dinámicas de animación estimulativa.xeitos xerais, técnicas, propostas dirixidas a cada colectivo (10 horas).
    1. Técnicas a traballar: estimulación sensitiva (para persoas cegas, xordas...).
    2. Actividade física e dinámicas de expresión para persoas con discapacidades.
    3. Técnicas de orientación na realidade ( dinámicas específicas para persoas con problemas de demencia).programa pages.
  • Módulo 7: Sensibilización medioambiental. 2 horas

Requisitos dos alumnos:

Estar en activo

Datas de realización:

Finalizado - Finalizado

Prazo de inscrición:

A Determinar

Criterios de selección:

 

Relación con el puesto de trabajo.
No haber realizado acciones formativas en esta convocatoria.
Orden de entrada de solicitud.

  

 

Lloyd´s
Foro Galego de Formación e Edicións S.L.U.
Rúa Oslo nº 5 bajo izq.
Todos los derechos reservados ©. 2008
Información legal