dfs
forogalego
  

info@forogalego.comInformación de contacto
 
09-Sep-2010  14:05

Detalles do curso:

Atención integral al paciente geriátrico, 42 horas.

Obxectivos:

 Os obxectivos desta acción formativa están relacionados cos obxectivos do resto de accións formativas así como cos do plano de formación que presentamos. Están estruturados en función dos coñecementos, capacidades, xeitos,....que se pretenden conseguir co desenvolvemento desta acción formativa e divídense en obxectivos xerais e específicos.

Obxectivos xerais:

  • Favorecer o mantemento e mellora de competencias profesionais dos colectivos con maiores necesidades de formación (especialmente os maiores de 45 anos, mulleres, traballadores das pemes, traballadores desfavorecidos, e os traballadores non cualificados calquera que sexa a empresa onde presten os seus servizos, garantindo a readaptación aos seus postos de traballo con esta formación específica.
  • Dotar aos alumnos dos coñecementos e destrezas necesarias para desenvolver as tarefas propias de asistencia primaria e trato co paciente, proporcionando unha correcta e adecuada atención integral nos xeitos tanto hixiénicos-sanitarios como físicos, psíquicos e sociais, en coordinación co resto da equipa asistencial.
  • Fomentar a igualdade no traballo así como na vida cotiá evitando os mecanismos de exclusión social, as políticas de atención á diversidade para evitar desigualdades e as accións dirixidas a garantir unha escolaridade integradora.
  • Coñecer os principais conceptos relacionados coa prevención de riscos laborais, así como as principais disposicións legais existentes en materia de Seguranza e Saúde, co fin de promover, con carácter xeral, a prevención de riscos no ámbito dos centros sociosanitarios.

 

Obxectivos específicos

  • Coñecer as características físicas, nutricionais, sociais e psicolóxicas das persoas maiores.
  • Dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre como tratar a este tipo de poboación
  • Coñecer as enfermidades mais habituais no ancián, incluíndo as de nova xeración.
  • Saber como prever a aparición de problemas potenciais.
  • Participar na execución de actividades relacionadas cos coidados da saúde dos anciáns.
  • Participar en actividades de educación para a saúde, tanto individuais como colectivas.
  • Concienciar ao alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade no traballo como forma organizativa e real de traballo.
  • Concienciar ao alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade real na vida cotiá do alumno.

Contidos:

  • Módulo 0: Igualdade de oportunidades (5 horas) 
  • Módulo 1: Proceso de envellecemento: trocos nutricionais, psíquicos, físicos e sociais do ancián (10 horas).
  • Módulo 2: Necesidades básicas do ancián (8 horas).
  • Módulo 3: A comunicación no ancián (7 horas).
  • Módulo 4: A asistencia psicoxeriátrica (10 horas)
  • Módulo 5: Prevención de riscos laborais (2 horas)

Requisitos dos alumnos:

Estar en activo

Datas de realización:

Finalizado - Finalizado

Prazo de inscrición:

A Determinar

Criterios de selección:

Relación con el puesto de trabajo.
No haber realizado acciones formativas en esta convocatoria.
Orden de entrada de solicitud.

 

Lloyd´s
Foro Galego de Formación e Edicións S.L.U.
Rúa Oslo nº 5 bajo izq.
Todos los derechos reservados ©. 2008
Información legal