Detalles do curso:
Procedemento de funcionamento e calidade en Correos, 169 horas.
Obxectivos:
Obxectivos xerais:
Concienciar aos alumno da necesidade de adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para un bo funcionamento da calidade na empresa.
Concienciar aos traballadores do sector para un uso prudente e racional dos recursos naturais, modificando os seus hábitos de comportamento laboral favorecendo así o desenvolvemento sostible.
Fomentar a igualdade no traballo así como na vida cotiá evitando os mecanismos de exclusión social, as políticas de atención á diversidade para evitar desigualdades e as accións dirixidas a garantir unha escolaridade integradora.
Obxectivos específicos:
Ensinar aos empregados tanto os servizos prestados como os produtos que se ofertan.
Identificar todos os procesos de admisión e a entrega na oficina
Capacitar aos alumno para que poidan superar con éxito os retos que representan a Xestión da Calidade.
Dominar os sistemas de xestión da Calidade, para poder valorar as estratexias a adoptar na súa implantación.
Coñecer os factores de éxito e fracaso na implantación de sistemas de calidade.
Mellorar a comprensión da problemática ambiental.
Desenvolver actitudes e comportamentos no traballo axeitados ao avance e conservación do medio ambiente.
Concienciar aos alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade no traballo como mera fonte organizativa e real de traballo.
Contidos:
Módulo 1: Igualdade de oportunidades (10 horas)
Módulo 2: Operativa de distribución (50 horas)
Módulo 3: Produtos de correos (17 horas)
Módulo 4: Procesos de admisión e entrega en oficina (35 horas)
Módulo 5: A calidade en correos (28 horas)
Módulo 6: Guía práctica para o reparto en USES (20 horas)
Módulo 7: Sensibilización medioambiental (9 horas).
Requisitos dos alumnos:
Estar en activo o primeiro día do curso no sector ao que vai destinado este plan de formación
Datas de realización:
15/02/2010 - 20/04/2010
Prazo de inscrición:
15 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2010
Criterios de selección:
Relación co posto de traballo
Non haber realizado outra acción formativa neste plan de formación