Detalles do curso:
Transporte de mercancías perigrosas, 70 horas.
Obxectivos:
Obxectivos xerais:
Dotar aos traballadores dos coñecementos necesarios sobre a lexislación do transporte de mercadorías perigosas
Fomentar a igualdade no traballo así como na vida cotiá evitando os mecanismos de exclusión social, as políticas de atención á diversidade para evitar desigualdades e as accións dirixidas a garantir unha escolaridade integradora.
Concienciar aos traballadores do sector para un uso prudente e racional dos recursos naturais, modificando os seus hábitos de comportamento laboral favorecendo así o desenvolvemento sostible.
Obxectivos específicos:
Adquirir os coñecementos necesarios para o transporte de mercadorías perigosas.
Aplicar a lexislación vixente conforme ás clases de mercadorías perigosas a transportar
Coñecer as mercadorías perigosas que se poden transportar e o perigo que comporta o seu transporte
Concienciar aos alumno sobre a necesidade de levar a cabo unha bo embalaxe para o transporte de mercadorías perigosas
Capacitar aos alumno para levar unha condución correcta en situacións adversas
Concienciar aos alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade no traballo como me fora organizativa e real de traballo.
Concienciar aos alumno sobre a necesidade de adoptar a igualdade real na vida cotiá dos alumnos.
Desenvolver actitudes e comportamentos no traballo axeitados ao avance e conservación do medio ambiente.
Contidos:
Módulo 1: Igualdade de oportunidades (5 horas)
Módulo 2: Introdución ás mercadorías perigosas e aos distintos medios de transporte (8 horas)
Módulo 3: Normativa de aplicación ao transporte de mercadorías perigosas.(9 horas)
Módulo 4: Clasificación das mercadorías perigosas.(9 horas)
Módulo 5: Condicións xerais de embalaxe, etiquetaxe e indicacións de perigo.(9 horas)
Módulo 6: Documentación no transporte de mercadorías perigosas.(8 horas)
Módulo 7: Outras informacións relevantes do transporte de mercadorías perigosas.(8 horas)
Módulo 8: Sensibilización medioambiental (9 horas)
Requisitos dos alumnos:
Estar en activo o primeiro día do curso no sector ao que vai destinado este plan de formación
Datas de realización:
abril 2010 - xuño 2010
Prazo de inscrición:
1 ao 20 de febreiro de 2010
Criterios de selección:
Relación co posto de traballo
Non haber realizado outra acción formativa neste plan de formación