dfs
forogalego
  

info@forogalego.comInformación de contacto
 
09-Sep-2010  13:54

Acción Complementaria e de Acompañamento á Formación
concedida á Organización Sindical FSP-UGT de Galicia coa denominación:

Tecnoloxías de comunicación e información aplicadas a formación: T-learning

Os obxectivos xerais deste estudo son os seguintes:

  1. Analizar o estado da TVDI en España e en concreto en Galicia como canle de comunicación e como medio de acceso a determinados servizos: formación, publicidade, administración,... .
  2. Conceptualizar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías da información, en concreto o TVDI para o ámbito formativo e educacional.
  3. Deseñar unha metodoloxía de elaboración de contidos multimedia e audiovisuais de acordo a uns estándares de calidade pedagóxica.
  4. Adaptación da metodoloxía de deseño de contidos á metodoloxía de impartición t-learning do TVDI.
  5. Analizar a programación de aplicacións MHP (Multimedia Home Platform), para a normalización da televisión interactiva.
  6. Analizar os diferentes software ou programas existentes no mercado que poidan servir para a creación de contidos multimedia interactivos para TVDI.
  7. Difundir as vantaxes que ten a TVDI relacionadas co ámbito formativo e as conclusións do noso estudo a todos os organismos, entidades e persoas interesadas neste.
  8. Fomentar a utilización da banda ancha e as vantaxes que ofrecen os servizos multimedia interactivos para a impartición da formación profesional para o emprego.

En definitiva, o que se pretende neste estudo é deseñar unha metodoloxía de elaboración de contidos multimedia interactivos que poidan ser impartidos nun futuro (hoxe simulados) mediante a TVDI, de maneira que definamos:

  • A idoneidade da modalidade formativa e da metodoloxía utilizada (t-learning) no proceso de ensino-aprendizaxe.
  • A adaptación dos contidos dunha acción formativa simulada ás necesidades ou esixencias técnicas que presenta este canle interactivo.
  • O software específico que permita a devandita simulación.
  • A adaptación da formación profesional para o emprego aos novos servizos multimedia interactivos que ofrece a banda ancha e a televisión dixital interactiva (TVDI).
portadalibro

Este estudo se presentou o pasado 30 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela. Pódese acceder ao resultado final do estudo facendo clic sobre a imaxe ou a través da páxina web da entidade beneficiaria: FSP-UGT Galicia (http://galicia.fspugt.es/)

Este estudo está financiado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

 

FSE
Xunta de Galicia
Plataforma Formativa
Lloyd´s
Foro Galego de Formación e Edicións S.L.U.
Rúa Oslo nº 5 bajo izq.
Todos los derechos reservados ©. 2008
Información legal