dfs
forogalego
  

info@forogalego.comInformación de contacto
 
09-Sep-2010  13:58

Acción de apoio e acompañamento á formación concedida a Foro Galego de Formación coa denominación:

Ferramenta para a avaliación do impacto da formación profesional para o emprego

Este proxecto ten como obxectivo fundamental a creación duns instrumentos e técnicas que permitan tanto á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia así como a todas as organizacións beneficiarias das subvencións de formación, realizar un seguemento, control e avaliación da formación profesional para o emprego eficaz capaz de responder ás necesidades reais e actualizadas do mercado laboral galego e da nosa comunidade autónoma.

OBXECTIVOS XERAIS:

1.      Mellorar a calidade da formación profesional para o emprego impartidas polas organizacións beneficiarias das subvencións de formación na Comunidade Autónoma de Galicia.

2.      Mellorar a eficacia da formación profesional para o emprego impartido en Galicia establecendo uns instrumentos que permitan determinar a discrepancia ou non entre o deseño do programa formativo e o que realmente se levou a cabo, así como determinar os resultados obtidos no posto de traballo dos destinatarios.

3.      Coñecer por parte da administración a satisfacción dos participantes respecto á formación profesional para o emprego respecto á aplicabilidade dos contidos adquiridos aos seus postos de traballo, así como coñecer se en realidade é unha axuda para a mellora das súas competencias profesionais.

4.      Mellorar a formación profesional para o emprego a través duns mecanismos ou ferramentas que permitan á administración coñecer de xeito real e rápida (entre 6 e 8 meses despois da finalización da concesión das subvencións), o nivel de aplicación efectiva dos coñecementos, destrezas, técnicas, etc... adquiridas nas accións formativas dos plans de formación polos traballadores e a súa aplicabilidade nos seus postos de traballo.Permite estimar a rendibilidade do proceso formativo desde a perspectiva da aplicación das aprendizaxes ao posto de traballo e a outras situacións profesionais (análise da rendibilidade profesional ou transferibilidade coñecementos).

5.      Contribuír eficazmente a mellorar a cualificación das persoas ocupadas (traballadores e desempregados da nosa comunidade autónoma conseguindo establecer un equilibrio entre a demanda do mercado laboral e a oferta de formación subvencionada.

6.      Consolidar unha cultura cara á formación profesional para o emprego entre a poboación galega especialmente dos colectivos con maiores necesidades de formación.

7.      Determinar as características específicas que deben ter os plans de formación futuros así como as accións formativas dos mesmos para que exista unha transferibilidad real dos coñecementos adquiridos aos postos de traballo.

8.      Adaptar e aplicar unha metodoloxía flexible e polivalente susceptible de ser transferida a outros proxectos doutras comunidades autónomas.

9.      Difundir os resultados do estudo de xeito que poidan beneficiarse dos resultados do mesmo todos os axentes implicados no proceso formativo.

 

 

FSE
Xunta de Galicia
Plataforma Formativa
Lloyd´s
Foro Galego de Formación e Edicións S.L.U.
Rúa Oslo nº 5 bajo izq.
Todos los derechos reservados ©. 2008
Información legal